Colectivo Bomba, 8 mm e Kuarembó, a escolla do público para o Reperkusión

A través dunha votación na rede, o público elexiu ao Colectivo Bomba, 8 mm e Kuarembó para completar o cartel do festival Repercusión que se desenvolverá os días 11, 12 e 13 de xullo en Bemposta, coa participación de Manu Chao e “Muchachito y sus compadres”. 

Bomba
photo_camera Bomba

Arredor de dous mil apoios na rede social facebook conseguiron cada unha das propostas que integrarán o cartel do Reperkusión por vontade do público. Por segunda edición, a organización deixou nas mans do público completar o seu cartel  e as opcións elixidas entre as 34 presentadas foron a fusión de ska, reggae, rock, cumbia con letras con contido social do Colectivo Bomba de Lugo, a proposta teatral da compañía galega 8 mm que levará a Ourense o seu espectáculo “Unha historia de amor ao Tarantino” máis a percusión con golpes sociais dos canarios Kuarembó. Máis de 13.000 votos recibíronse na páxina de Reperkusión nesta convocatoria aberta do seu programa participativo. 

Reperkusión 2014 pechará a próxima semana o cartel desta nova edición do festival no que xa está confirmada a presenza de Manu Chao, que será a cabeza de cartel do sábado 12 nunha xornada que compartirá con Dirty Honkers de Berlín, Dani Lança desde Barcelona, os galegos Terbutalina ou  Hadri H + Friends. “Muchachito y sus compadres” animarán ao público a sexta día 11 xunto con N.O.A.H, Kimbala, Crassh, Cuchufellos e Funkombo.

Etnradas e abonos xa están a venda na páxina do festival www.reperkusion.com que, nesta nova edición inventou o “Bono Pandilla”, para ir en grupo a Bemposta, coa posibilidade de descontos ou mesmo bus gratis. 

Comentarios