Cítica de cinema. Trascendence

Un grupo extremista antitecnolóxico perpetra un atentado conxunto contra os investigadores máis importantes do mundo

transcendence-johnny-depp-2014-images

TRANSCENDENCE

Ano: 2014

Duración: 119 min.

Nacionalidade: Estados Unidos

Director: Wally Pfister

Guión: Jordan Goldberg, Jack Paglen, Alex Paraskevas e Wally Pfister

Fotografía: Jess Hall

Música: Mychael Danna

Reparto: Rebecca Hall, Johnny Depp, Paul Bettany, Kate Mara, Morgan Freeman, Cillian Murphy, Clifton Collins Jr., Cole Hauser, Lukas Haas

SINOPSE

Un grupo extremista antitecnolóxico perpetra un atentado conxunto contra os investigadores máis importantes do mundo. Entre eles está o doutor Will Caster (Johnny Depp), unha das máis importantes mentes no campo da Intelixencia Artificial xunto coa súa muller Evelyn (Rebecca Hall). Os terroristas fallan no atentado pero unha bala envelenada van enfermando paulatinamente ao doutor. Evelyn, coa axuda do científico Max Waters (Paul Bettany), xa que non poden salvar a vida de Will, tratarán de dar un paso máis nas súas investigacións introducindo a mente do doutor en PINN, un prototipo de superordenador intelixente capaz de aprender e evolucionar.

CRÍTICA

Wally Pfister, o director de fotografía habitual de Christopher Nolan (Orixe, Memento, O cabaleiro escuro), pásase á dirección nunha ópera prima de ciencia ficción con mensaxe que bebe directamente do maxín de Nolan, que casualmente é tamén produtor executivo. Aínda que de trama diferente, Transcendence parece estar integrado nun universo que conflúe dentro do ideado por Nolan para esa obra mestra chamada Orixe, a modo da serie de A dimensión descoñecida onde os relatos eran diferentes pero a atmosfera era moi similar. Aquí a historia trata sobre o manido tema da evolución das máquinas, pero levado un punto máis alá ao integrar a historia dentro do mundo actual onde a internet tennos a todos interconectados a modo de panal de abellas. Ciencia ficción, acción e suspense ao tempo que aproveita para temas máis sesudos e profundos como o da vida eterna, o amor ou a obsesión por acadar un soño. Unha mestura entre Enxendro mecánico (1977, Donald Cammell) e Her (2013, Spike Jonze) que cando menos fará reflexionar. Que no reparto apareza Johnny Depp parece máis puro marketing que elección acertada de casting. A súa presenza aporta ben pouco máis alá da transcendencia da publicidade gratuíta que supón contar cunha star de Hollywood. O papel quédalle algo pequeno: morre ao pouco de empezar e non reaparece ata o final, sendo entremedias un holograma, conseguido holograma iso si, pero holograma á fin e ao cabo. O peso do filme lévao Rebecca Hall (Iron Man 3, Vicky Cristina Barcelona) que, entre outros, está acompañada por Morgan Freeman e Cillian Murphy, secundarios de luxo e actores fetiche de Nolan que parece herdar Pfister. A fotografía está firmada por Jess Hall (Arma fatal, O fillo de Rambow), pero ben podería ser do propio Pfister, do que seguro recibiu máis de algún consello. Transcendence nin é tan mala como din nin tan boa como podería chegar a ser. É un correcto filme de ciencia ficción que gustará aos amantes do xénero. Mais a sombra de Christopher Nolan é alargada. Pfister destapouse coma un correcto artesán especie de “marca branca” de Nolan. Sabemos que os condimentos son o mesmo, pero non sabe igual. De momento son inevitables as comparacións. Veremos a ver se en futuros traballos

Comentarios