Fanzine Fest, en decembro

Cita coa vangarda da música electrónica na Coruña

Membros dos destacamentos máis avanzados das músicas electrónicas estarán na Coruña o 1, 7 e 8 de decembro. Serán os días en que decorra o Fanzine Fest 2018, dedicado á “cultura electrónica de vangarda” e organizado pola promotora e selo discográfico coruñés Fanzine.
 

byetone
photo_camera O músic alemán Byetone. Foto: Fanzine Fest.

“Acturán nomes indispensábeis para entender a evolución da música de vangarda nos últimos anos”, explica Fanzine nun comunicado de prensa. Entre eles, o británico Carl Finlow, cuxas obras viron luz en casas tan relevantes como Warp, Klang ou Novamute.

Ademais estarán o alemán Byetone, “pioneiro do deseño sonoro da electrónica máis neboenta”; Arpanet, “reputado produtor de techno e electro de Detroit”; Douglas Dare, “asociado á beira máis humana e orgánica da electrónica”; ou Pina, catalán e arrimado a vertentes experimentais dos xéneros.

Artistas galegos como Pálida, os picadiscos Grobas e Fat Fish, ou Electrógena terán tamén o seu lugar no encontro. Como “emerxentes” do nivel de Adolpho & Franky, Hydrangea, Sonic Robots ou Posthuman.

“É a cuarta edición dun evento pioneiro que este ano ademais de seleccionar con moito mimo artistas sonoros e visuais cunha gran traxectroia e unha habilidades especiais para as artes”, resume a organización, “encherá a cidade de talleres temáticos, workshops, cooquios, actuacións de bandas ou picadiscos”.

Comentarios