Cinema para as máis pequenas en Ames

De sexta feira 13 de decembro a domingo 15 de decembro o cinema infantil dáse cita en Ames.
Cinema Miudo en Ames
photo_camera Cinema Miudo en Ames

A terceira edición do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, alternará entre os auditorios de Bertamiráns e Milladoiro a proxección de máis de 50 curtametraxes, moitas delas galegas. Será de 13 a 15 de decembro.

Seguindo as pautas das pasadas edicións, as curtas a concurso estarán divididas en dous bloques por idades: Axóuxeres, para as crianzas a partir de dous anos, e Buxainas, para as maiores de sete anos.

Ademais, a programación complétase con actividades pensadas para estimular o gusto polo cinema entre as máis novas con sesións específicas para escolares, un obradoiro de stop motion, sesións musicais e proxeccións complementarias fóra de concurso.

Comentarios