O cinema galego está á espera da axuda prometida de 1,2 millóns

A Xunta da Galiza aínda non activou a fórmula que permita que a industria audiovisual galega que está a crear contido en lingua galega poida dispor dun fondo para avanzar no seu proxecto creativo -cifrado en 10,5 millóns de euros a nivel estatal e dos cales, segundo o Goberno galego, 1,2 millóns corresponderían a producións en galego-. 
O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades Román Rodríguez González.  (Foto: Xunta da Galiza)
photo_camera O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades Román Rodríguez González. (Foto: Xunta da Galiza)

A Xunta da Galiza aínda non activou a fórmula que permita que a industria audiovisual galega que está a crear contido en lingua galega poida dispor dun fondo para avanzar no seu proxecto creativo -cifrado en 10,5 millóns de euros a nivel estatal e dos cales, segundo o Goberno galego, 1,2 millóns corresponderían a producións en galego-. 

Froito dunha emenda presentada polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso e asinada por varios grupos parlamentarios representantes de comunidades con lingua propia dentro do Estado, incorporouse aos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) para o ano 2022 a creación dun fondo para a promoción da cinematografía en linguas cooficiais por un importe de 10,5 millóns de euros.

A aprobación da emenda presentada polo BNG e a incorporación da partida mencionada aos OXE implica a transferencia deste fondo ás autonomías con lingua propia diferente do castelán. Unha vez rematado o trámite de aprobación dos OXE correspóndelle ao Goberno galego activar a fórmula que permita á industria audiovisual galega aproveitar esta partida.

Porén, a deputada Mercedes Queixas (BNG) denunciou onte que a Xunta da Galiza non informase á industria audiovisual da existencia da partida e criticou que aínda non dilucidasen que organismo xestionará o fondo ou de cales serán os criterios para o reparto da subvención.

A Xunta culpa ao Estado

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asegurou que a axuda de 1,2 millóns de euros non puido ser convocada polos "atrasos" do Goberno Estatal, que tería dado "moi pouca marxe" para que as axudas puidesen convocarse ao longo do ano 2022.

Comentarios