Premios Gaudí

O cinema catalán premia ‘O que Arde’ como mellor filme europeo

Na XII edición dos premios Gaudí, que outorga a Academia del Cinema Català.

o que arde Gaudí

O que arde continúa a acaparar premios e recoñecementos. O filme de Oliver Laxe gañou o premio Gaudí, outorgado pola Academia de Cinema catalá, ao mellor filme europeo. Nos agradecementos, Laxe tivo un recordo para “todos os galegos que viven en Catalunya”.

O que arde é o filme galego máis visto da historia. O que arde, distribuída por Numax, gañou o Premio do Xurado da Sección Oficial – Un Certain Regard no Festival de Cannes, onde foi a primeira película en galego nunca alí proxectada. Tamén foi distinguida nos certames de Donostia e Ourense, así como en Tesalónica, entre otros festivais.

Nunha entrevista con Nós Diario, Laxe manifestaba que "son galego, non estou separado da natureza. Non estou nunha dialéctica coa ela. Fixen este filme de maneira natural. Non foi “quero facer un filme no que a natureza sexa importante”. Estou disolto nela. Sempre fago filmes no rural. E sempre que podo vivo no rural, na natureza. E iso nótase". 

Comentarios