O cineasta Xacio Baño suma o seu traballo ao “Proxecto Nimbos”

O cineasta Xacio Baño suma o seu filme ao “Proxecto Nimbos”, a iniciativa que convoca desde o blogue “Acto de primavera” a máis de trinta cineastas para recrearen en soporte audiovisual a obra de Díaz Castro. 

Fotograma do filme de Xacio Baño
photo_camera Fotograma do filme de Xacio Baño

Autor da curtometraxe “Anacos”, posibelmente a máis premiada do audiovisual galego dos últimos anos, a derradeira, o premio á mellor curta galega, premio patrocinado pola AS-PG, no certame Cinemacurtas, Xacio Baño incorpora agora un novo traballo ao “Proxecto Nimbos”, unha iniciativa creada arredor do poeta Díaz Castro desde o blogue “Acto de primavera” e no que participan máis de trinta cineastas. 

Baño recrea en imaxes o poema “Ai capitán” que xa se pode ver na páxina do blogue creado polos críticos e programadores Xurxo González, Martín Pawley e José Manuel Sande. 

“Acto de primavera” publicou até o momento os filmes de Manuel Del Río, Manuel Álvarez, Carla Andrade, Otto Roca, RnL, David Castro e Xurxo Chirro. “Proxecto Nimbos” quer levar a obra de Díaz Castro ao audiovisual a partir de pezas de autoría que teñan como referencia os versos do autor que será homenaxeado o próximo ano no Día das Letras Galegas.  

Os cineastas que se comprometeron a participar no proxecto son Xurxo Chirro, Margarita Ledo, Eloy Enciso, Alberto Gracia, Oliver Laxe, David Castro Sopeña, Carlos Álvarez-Ossorio, Diana Toucedo, Juan Lesta, Belén Montero, Xacio Baño, Pablo Cayuela, Xan Gómez Viñas, Jaione Camborda, Víctor Hugo Seoane, Otto Roca, Alfonso Zarauza, José Antonio Cascudo, Ángel Santos, Manuel Fernández-Valdés, Eloy Domínguez Serén, Simone Saibene, Sonia Méndez Alonso, Antón Caeiro, Uxía Blanco, Manuel Álvarez Álvarez, Alex Cancelo, Xoán Escudero, Ramiro Ledo Cordeiro, Pela del Álamo, Manuel del Río, Alberte Pagán e Lois Patiño. 

Comentarios