O cine que foi e será nos 190 filmes de Cineuropa

Vintedous días de cine, cento noventa películas, vintesete edicións. O Festival Cineuropa bota a andar en Compostela coa maior oferta de cinema anual na Galiza. Nesta edición, José Sacristán, María de Medeiros e Albert Serra recibirán o recoñecemento do festival. 

photo_camera

“Non se pode ser vangarda sen mirar moito antes o retrovisor”, defende Xosé Luís Losa, director de Cineuropa, na presentación desta 27 edición do festival que ofrece 190 filmes en diferentes seccións.

“Le week end” de Roger Michell inaugurará a sección oficial na que se programan maís de vinte filmes entre os que se atopan “Camille Claudel” deBruno Dumont, “La grande Belezza” de Paolo Sorrentino, “La Herida” de Fernando Franco, “Pozitia Copilului” de Calin Peter Netzer ou “Quai d´Orsay” de Bertrand Tavernier. Ademais da sección oficial, o “Panorama internacional”, o “Foco Dan Sallitt”, o “Foco Chile”, “Buenos Aires Connection”, “Docs-Cineuropa”, dedicado ao documental e a memoria, ou “Contraculturas” ou “J.F.K. Camelot, Cincuenta anos despois”, ao se cumprir o aniversario do asasinato de Kennedy, ou “Fantastique Compostela” son outros dos apartados que contempla esta nova edición do festival de Compostela que se desenvolven en distintas salas da cidade.

60 de Italia

Sesenta películas recorren o cinema italiano nun ciclo de título “Creo en Italia... Máis che vale!: O novecento italiano en 60 películas”. Desde “Il Birichino di papà” de Raffaello Matarazzo do 1942 até “Viva la libertà” de Roberto Andò deste mesmo ano, o ciclo ofrece a máis ampla retrospectiva do cine italiano con autores como Vittorio de Sica, Francesco Rossi, Marco Ferreri, Pier Paolo Pasolini, Bertolucci, Giuseppe Ferrara, Nanni Moretti ou Ettore Escola.

Espazo galego con sesións personais

Autores e autoras do audiovisual galego protagonizan “Panorama audiovisual galego” no que se achegará ao público a obra de Carlso Álvarez-Ossorio, Clara Sobrino, David Castro, Manuel del Río, Marcos Nine, Seném Outeiro, Alberte Pagán, Antón Caeiro, Carla Fernández, David Hernández, Xosé Ignacio Canosa, Iván Castiñeiras, José Antonio Cascudo, Mikel Zatarain ou Xurxo Chirro.

O actor José Sacristán, a directora e actriz Maria de Medeiros e o director Albert Serra son os premiados destan nova edición do Cineuropa que bota a andar o día 7 e se prolonga até o día 29 de novembro.

Ademáis de cine, o festival ofrece un ciclo de concertos entre os que soará Davide Formisano, Rosendo, Maria de Medeiros, Coque Malla, Cristian Zarate Sexteto, Fuel Fandango ou Amatorski.

Comentarios