CIG, CCOO e UXT adhírense á campaña de sinaturas en defensa do Centro Galego de Bos Aires

Máis de 4.000 rúbricas demandan do gobernos galego, español e arxentino unha “rápida e definitiva actuación para salvar a emblemática institución”.

2008 08 11 arxentina bos aires centro galego1450184

O Centro Galego de Bos Aires, está en perigo de desaparecer. O futuro dunha “entidade emblemática da diáspora galega no mundo”, está en cuestión. Un escenario perante o cal aparece un chamamento a Xunta e Estado a se implicar na defensa do centro e que xa nestas semanas reuniumáis de 4.000 sinaturas. As centrais sindicais galegas CIG, UGT e CC.OO, por intermedio dos seus respectivos secretarios xerais Paulo Carril, José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento, indican que adhiren a esta campaña.

“Demandamos actuacións concretas diante do Goberno Arxentino encamiñadas a solucionar definitivamente o gravísimo problema polo que atravesa a centenaria institución. Reclamamos, en primeiro lugar, vontade política para preservar e garantir a atención médica de calidade dos actuais socios e socias e a protección do patrimonio artístico, documental, bibliográfico, editorial... e solicitamos esforzos para consensuar unha solución que impida a demolición e a especulación inmobiliaria dun predio que debe seguir sendo referente de Galicia en Bos Aires”.

Comentarios