Cultura

A Cidade da Cultura celebra o Día da Música con tres concertos

Este domingo actúan FAIA ou Fernando Epelde
FAIA Faia Díaz Novo 2
photo_camera FAIA, Faia Díaz Novo

A Cidade da Cultura recuperará a programación ao vivo este domingo coa celebración do Día da Música, con tres concertos diferentes ao longo do día. Todos transcorrerán dentro do Museo Centro Gaiás e poderán seguirse ademais en liña pola canle de Youtube da Cidade da Cultura.

A música comezará ás 12 horas coa formación El afecto Ilustrado, un ensemble de cámara innovador que interpreta repertorio comprendido entre os séculos XVII e XIX. Na tarde, por volta das 17.30 horas, será a quenda de FAIA, unha das revelacións de novo trad do pasado ano, co seu primeiro disco Ao cabo leirín, un traballo de investigación do cancioneiro tradicional, pero tamén da súa propia voz e dos espazos sonoros que a arroupan.

A xornada fechará coa música electrónica e synth-pop de Chisme, o proxecto musical de Fernando Elpede, integrante da compañía teatral Voadora que presenta temas do seu último traballo Todo é ficción, e tamén de anteriores, ás 21 horas. Aínda que todos os concertos son de balde, cómpre retirar previamente as entradas para garantir as medidas de seguridade pertinentes.

Comentarios