A Cibdá galaico romana de Armea

A inicios de 2011, o señor Manuel, veciño de Armea, descubría unhas escaleiras labradas na rocha do que posteriormente se coñecerá como xacemento do Monte do Señoriño, situado a escasos metros da Cibdá de Armea. Este achado trouxo consigo o inicio das intervencións arqueolóxicas en Armea, despois de medio século de silencio. A Facultade de Historia da Universidade de Vigo e o concello de Allariz veñen desde aquela desenvolvendo un proxecto de investigación único na Galiza, que abrangue todo o conxunto arqueo-histórico de Armea. Este conxunto esténdese polo monte do mesmo nome, pertencendo á parroquia de Santa Mariña de Augas Santas, no concello de Allariz e ocupando unha pequena dorsal montañosa entre os vales da Rabeda e do Arnoia. Dentro deste territorio localízanse numerosos restos arqueolóxicos que nos falan dunha ocupación prolongada no tempo, entre a época prerromana e a Baixa Idade Media. Destacan, ademais do Monte do Señoriño e a Cibdá de Armea, a Basílica inacabada da Ascensión que alberga na súa cripta un monumento con forno (sauna castrexa) coñecida co nome de “Forno da Santa”, o tramo do Camiño de Santiago que fosiliza a antiga vía romana e o propio núcleo románico de Santa Mariña. 
Vista aérea da Atalaia desde o sur. Ao fondo, o val da Rabeda. (Foto: Universidade de Vigo) #atalaia #cibdá #armea #castro #castros #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Vista aérea da Atalaia desde o sur. Ao fondo, o val da Rabeda. (Foto: Universidade de Vigo)
A Cibdá de Armea sitúase na ladeira norte do monte das Casarellas, un cumio onde destacan os outeiros dos Fornos e dos Pendóns. Nun dos socalcos que cae cara ao val da Rabeda, localízase a finca…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios