Os Chévere volven ao instituto

Ao IES de Cacheiras, no concello de Teo do que son compañía residente, volveu a compañía Chévere para participar da rodaxe do filme “Persoas”, unha curtametraxe que fan en parcería co alumnado do IES. Estréase esta segunda feira na Ramallosa. 

.
photo_camera .

Quince minutos dura “Persoas”, a curtametraxe na que o alumnado do IES Cacheiras, en Teo, traballa á par co grupo de Teatro Chéveres. A estrea será esta terza feira, 27 de mao no local Socio Cultural da Ramallosa ás 19:00 horas e o próximo 11 de xuño proxectarase no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). 

Producida polo IES de Cacheiras e Aturuxo Films, o filme “Persoas” está realizado polo alumando de Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 4º ESO que coordina o profesor Sergio Clavero. Actores e actrices do grupo Chévere máis un alumno do centro dan vida aos principais personaxes de “Persoas”. Sandra Galera é a autora da banda sonora que está interpretada por alumnado do CMUS de Santiago de Compostela por medio da sinatura dun convenio co IES de Cacheiras. 

O guión da curtametraxe está baseado nun texto teatral escrito polo ex alumno de Cacheiras, Rafael Rey para o grupo de teatro do propio centro. 

Comentarios