PREMIO á SúA TRAXECTORIA DE CREACIóN COLECTIVA

Chévere gaña o 'Premio Nacional de Teatro'

O galardón concedido polo Ministerio de Educación español premia a "coherente traxectoria" da compañía. 

Esta cuarta feira (26 de Novembro) Chávere foi galardoado co 'Premio Nacional de Teatro' concedido polo Ministerio de Educación español. Así o vén de comunicar o xurado que salientou a "coherente traxectoria de creación colectiva baseada en fontes de teatro documento e na transgresión de xéneros"

Así mesmo, destacan a conexión das súas obras coa "realidade social e económica" galega e mesmo internacional, como reflicten Citizen, Eurozone ou Ultranoite no País dos Ananos. Neste senso, o xurado subliña "o achegamento" que desenvolveu Chévere "do teatro a distintos colectivos sociais e ao ámbito pedagóxico" pulando pola "participación cidadá". 

A compañía leva 25 anos facendo teatro da man de Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron e Manuel Cortés. 

Comentarios