Chegan os zombis á cultura galega

Que pasa na cultura galega cando pecha a noite e sae o melloriño de cada casa a facer das súas? Poderemos comprobalo este luns na primeira edición da Noite Zombie das Letras Galegas.

noitezombi
photo_camera Extracto do cartel da I Noite Zombi das Letras Galegas

O ‘underground’ da cultura galega sae do tobo o luns véspera do 17 en Vigo para un evento que nos traerá punk a esgalla. Presentan Rosa la lía de Costra e Manía Machiño (Nuria Vil e Vanesa Glemsel), haberá postos con fanzines, discos, petiscos… Será na sala A Farándula ás 20.30 horas. 

E o cartel amosa o máis sobranceiro dos escuros recunchos do punk galego: a estrea mundial de As Miniemero’s, Contenedor de Mierda presentando disco, os vigueses Zurraspa, Lamprea Explosiva e Os Vacalouras. E o mítico Arremecághona, con novo disco e monobanda. 

Todo por 3 euros, ou 5 coa antoloxía de punk galego “máis estarrecedora”, segundo a organización. 

Comentarios