Axenda

Chega a XI edición do Armadiña Rock a Combarro

Amparanoia na anterior edición do Armadiña Rock
photo_camera Amparanoia na anterior edición do Armadiña Rock

A festa do demo.

Pontevedra, sábado ás 21.30h. Diversos espazos.

Sae o Demo e o seu séquito dos arcos de San Bartolomeu para o centro histórico: concerto da Banda de Música de Salcedo na praza de José Martí e foliada con O Sentenarios e Os Chichisos.

XI Armadiña Rock.

Combarro 23‑25.8 Praza da Chousa.

Os concertos principais serán na praza da Chousa con Dubioza Kolektiv, Bastards On Parade, Triángulo de Amor Bizarro, Heredeiros da Crus, Nao, Dios Ke Te Crew, Familia Caamagno, The Teta’s Band e máis.

XXXI Esmorga Folk.

Silleda, sábado ás 23.00h. A Bandeira.

O evento contará coas actuacións musicais d’A Roda, Airiños da Freba, Cantigas de Elena e Fanfarria Furruxa.

Uxía Lambona e a Banda Molona.

Redondela, domingo ás 20.00h.

No marco do Entroido de verán, Uxía e a súa banda achegan este “des‑concerto”, cargado de bailes, xogos, coreografías e sorpresas para as crianzas.

Cidade Imaxinaria.

Compostela, sábado. Cidade da Cultura.

Circo, teatro, obradoiros, fabulosas personaxes, espectáculos, xogos e instalacións invadirán o Gaiás de fantasía.

Contacontos: As aventuras de Daniela Pirata.

San Sadurniño, 28.8 ás 12.00h. Casa da Cultura.

Para rapazada de 4 a 10 anos,unha historia entre contos, xogos e actividades interactivas coas que seguir concienciando sobre igualdade de xénero.

Miradas do silencio .

Allariz, até 30.9. Fundación Vicente Risco.

Vén de inaugurarse a exposición “Las miradas del silencio”, de Fernando Clemente, composta por 24 fotografías inspiradas, na súa maior parte, en obras de arte barroca.

Comentarios