Chega o Revenidas máis solidario

O festival destinará 2 euros en cada entrada a unha ONGD de apoio ás persoas refuxiadas. 

Revenidas_refugees

O Festival Revenidas 2016, que terá lugar en Vilaxoán os días 19, 20 e 21 de agosto, avanzou algunhas das bandas que farán parte do cartaz.

La Raíz, Talco, Aspencat, Itaca Band, O Sonoro Maxín, Malandrómena, Os tres trebróns, Os Cuchufellos e Falperrys son os primeiros nomes confirmados desta edición aos que se suman as bandas gañadoras do ‪#‎REV16MusicaEmerxente‬, o concurso de novos valores que anulamente organiza o Revenidas. Trátase dos coruñeses Ezetaerre e os vigueses De Lombaos

Revenidas'16Aliás, a banda Russkaja liderada polo ruso Georgi Makazaria, presentará o seu último disco Love & Russian Roll en Vilaxoán. 

Porén, entre as novidades deste ano o Revenidas vén cargado de solidariedade. E é que coa venda de entradas, que xa poden ser adquiridas por anticipado e até o 15 de xuño, a 25 euros o bono de tres días, a organización disponibiliza a posibilidade de doar 2 euros en cada unha delas para unha ONGD de apoio ás persoas refuxidas. 

Neste senso, a organización mesmo renovou a súa imaxe gráfica para pór en primeiro plano a situación que atinxe milleiros de persoas en territorio europeo. A tradicional sardiña viste un chaleque salvavidas e viaxa nunha bote para se topar cun valo de espiños que conforma o nome do festival. 

Comentarios