Chamamento para conmemorar o centenario de Fernández del Riego

O 7 de xaneiro de 2013 Francisco Fernández del Riego cumpriría cen anso e desde a Fundación Penzol que el dirixiu fan un chamamento público para que institucións, colectivos, entidades e á cidadanía galega conmemore a data sinalada do que fora presidente da Real Academia Galega. Propoñen tamén proclamar o 2013 como Ano Fernández del Riego.

 
Fernández del Riego
photo_camera Fernández del Riego

Co fin de mostrar a súa inmensa dimensión no ámbito cultural do século XX, desde os seus anos na Universidade ate o seu tempo de reforma da Academia Galega, pasando pola súa longa traxectoria no galeguismo e no estudo e a investigación da nosa cultura, a Fundación Penzol comeza nestes días próximos ao 26 de novembro que é o segundo cabodano do seu falecemento a campaña para a conmemoración do Ano do Centenario de Fernández del Riego.

“Efeméride quue cómpre recordar e conmemorar como tal insigne e exemplar protagonista merece”, sinala, e, para iso, chaman a entidades, institucións e colectivos, mais tamén medios de comunicación, ensino e cidadanía en xeral para que ao longo do ano, promovan e organicen actividades arredor da súa figura.

A Fundación Penzol, que Fernández del Riego dirixiu desde 1963 a 2010, etán a preparar un calendario de actividades que están pendentes de distintos trámites, enter eles a axuda institucional, queu contan poder presentar o próximo ano. Propoñen, alén das actividades, proclamar o 2013 como Ano Fernández del Riego.

Comentarios