O Certame Manuel María de Proxectos Teatrais divulgará a obra do autor

Co obxectivo de difundir e valorizar o legado teatral de Manuel María, a Deputación da Coruña e a fundación que leva o nome do chairego veñen de asinar un protocolo de programación que inclúe a convocatoria dun premio.

PHOTO-2018-08-14-11-04-45-607678cc11df4a43db8a7cff28169832
photo_camera Goretti Sanmartín, Saleta Goi e Alberte Ansede, na sinatura do convenio

A Deputación da Coruña e a Fundación Manuel María de Estudos Galegos veñen de asinar un protocolo de programación para colaborar conxuntamente na difusión e posta en valor do legado teatral do escritor chairego. O acordo estabelece a futura convocatoria do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais, un concurso dirixido ás compañías profesionais do teatro que premiará con 2.000 euros mellor proposta escénica dalgunha das 36 pezas dramáticas que deixou escritas o autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2016.

Froito do acordo, a institución provincial comprométese a promover unha programación teatral na que se incluirán até tres representacións da obra que resulte gañadora no Certame Manuel María de Proxectos Teatrais.

A vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, pon de manifesto que este acordo “permitirá á sociedade coñecer a grande capacidade que atesouraba Manuel María como dramaturgo”. “A súa xenialidade como poeta deixou nun segundo plano a súa extraordinaria capacidade como escritor de teatro”, salienta.

Comentarios