O certame ARi[t]mar publica as finalistas galegas e portuguesas

O certame ARi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas. 

A cantante MJ Pérez
photo_camera A cantante MJ Pérez. (Foto: Nós Diario)

O certame ARi[t]mar da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago de Compostela abre o proceso de votación despois do xurado ter seleccionado as dez músicas portuguesas e galegas nomeadas. 

As finalistas foron dadas a coñecer na xornada de hoxe nun acto que se desenvolveu na EOI compostelá.

Todas as persoas que queiran participar para escoller as músicas gañadoras poderán facelo votando a través da web do certame, aberto até ás 23.59 horas do próximo 20 de marzo, e participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros e CD.

As músicas finalistas desta edición son as galegas "Adélia" (Baiuca feat Haēma); "Cólico" (Guadi Galego); "Marabilla" (Mercedes Peon & Streicherensemble der Augsburger Philharmoniker); "Falan de Ti" (MJ Pérez); "Coidar dunhas colmeas" (Néboa); "Pasei pola túa porta" (Os d'Abaixo); "Vento" (Pauliña); "As Chaves do Inferno" (Ukestra do Medio); "Festa e fe" (Uxía & Sérgio Tannus) e "Anceios" (Xoana).

As finalistas portuguesas son "Memória" (Ana Bacalhau); "Outras Línguas" (Bárbara Tinoco); "Assobia Para O Lado" (Carlão); "Quase Dança" (Cláudia Pascoal); "Kriolu" (Dino D'Santiago feat Julinho KSD) e "Nós" (FUGA feat Beatriz Nunes).

Tamén "A Incrível História de Gabriela de Jesus" (Miguel Araújo); "Bom Rapaz" (Os Quatro e Meia com Carlão); "Tempestade" (Pedro Abrunhosa com Carolina Deslandes) e "Estrelas" (Tatanka com Carolina Deslandes).

ARi[t]mar é un proxecto didáctico e cultural da EOI de Santiago de Compostela, pertencente á Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta da Galiza, e que ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galego-portuguesas actuais e achegar a cultura e as linguas dos dous países, no marco da Lei Valentín Paz-Andrade.

Comentarios