Centos maniféstanse no Gaiás a prol do dereito a traballar e do acceso á cultura

Ás portas da Cidade da Cultura cidadanía e profesionais das artes escénicas e musicais maniféstanse co gallo da cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega.
Concentración ás portas do Gaiás [Imaxe: Amaía]
photo_camera Concentración ás portas do Gaiás [Imaxe: Amaía]

Cercad@s por un importante dispositivo policial máis de dúas centas persoas maniféstanse arestora na rotonda de acceso á Cidade da Cultura. Segundo a convocatoria difundida a través das redes sociais @s convocantes aseguran que a cerimonia de entrega dos Premios da Cultura Galega "é o momento perfecto para que nos escoiten". Aliás, aseguran que o seu obxectivo é evidenciar "o paradoxo" de que aquelas persoas que son "responsábeis de asasinar a cultura" sexan quen entreguen os galardóns.

Diversos colectivos xa anunciaron que non recollerán o premio en rexeitamento á grave crise que está a viver o sector.

((Haberá ampliación))

Comentarios