Cela, delator voluntario do franquismo

Camilo José Cela foi Premio Nobel de Literatura. Camilo José Cela foi marqués de Iria Flavia. Pero Camilo José Cela tamén foi delator. Chivato e censor de compañeiros de profesión e de individuos cos que se cruzou na vida, o padronés destacou desde os inicios do réxime franquista como un voluntario máis que disposto a facer o que ordenase o Movemento.
Camilo José Cela
photo_camera Camilo José Cela

"Amáis nobre función dun escritor é dar testemuño, como acta notarial e como fiel cronista, do tempo que lle tocou vivir". É unha das frases que deixou para as hemerotecas o único Premio Nobel con sotaque galego, Camilo José Cela, unha figura admirada por moitas pola súa maneira de escribir, pero que tamén demostrou ao longo da súa vida unha sombra máis que escura.

Habituais e socialmente aceptados foron os seus alos modos, contestacións malencaradas e mesmo insultos, pois non facían máis mal que o de impresionar as orellas que os escoitaban. Porén, hai unha faceta de Camilo José Cela que pasou case totalmente desapercibida, pero que amosa unha personalidade moito máis perigosa. O escritor de Iria Flavia quixo ser chivato.

Era marzo de 1938 e transcorría xa ano e medio do levantamento falanxista encabezado por Francisco Franco cando Cela, daquela un mozo de 21 anos, enviaba unha carta ofrecendo os seus servizos como delator ao comisario xeral de Investigación e Vixilancia, a policía política.

Na misiva, o que aínda non era escritor preséntase voluntario para "querendo prestar un servizo á Patria axeitado ao seu estado físico, aos seus coñecementos e ao seu bo desexo de boa e vontade, solicita o ingreso no Corpo de Investigación e Vixilancia.

Se queres ler toda a información, compra Nós Diario nos quiosques e puntos de venda habituais ou na loxa

Comentarios