Que facer?

Tres funcións fóra do escenario, a proposta do CDG para esta fin de semana

salon teatro
photo_camera Aspecto do Salón Teatro de Compostela

Crea Vigo

Vigo

Diversos espazos

Sexta feira e sábado

Un evento sobre a creación artística en directo que reúne as artes plásticas, a ilustración, a música e a danza contemporáneas.

 

A Banda da Loba + Convidadas

Ferrol

Teatro Jofre

Sexta feira

21.30h

A Banda da Loba presenta o seu primeiro traballo musical, Bailando as rúas, nun concerto arroupadas por Rosalía Fernández Rial, Celia Parra e as Tanxugueiras.

 

Presentación de "Nosoutras", de Mª Victoria Moreno

Pontevedra

Casa da Luz/Praza de Verdura

Sexta feira

19.30h

Dentro do programa Maio, mes da lingua, realízase a presentación de Nosoutras, de Mª Victoria Moreno, coa presenza de Xavier Senín e David Cortizo.

 

Teatro Obs-ceno, ciclo de teatro fóra do escenario

Compostela

Salón Teatro

Sexta feira, sábado e domingo

19.00h e 20.30h

O CDG -Centro Dramático Galego- presenta novas propostas teatrais, son as tres incluídas en Teatro Obs-ceno (do 25 ao 27 de maio, ás 19.00 e 20.30h), tres funcións maquinadas para ser representadas fóra do escenario, en espazos alternativos do propio teatro. O ciclo de representacións inclúe as pezas Amor, de Helen Bertels, no ambigú; Deixa de tocala, Sam, de Ave Lina Pérez, no montacargas; e Barbarie en branco e negro, de Josi Lage, no gardarroupa.

 

Ramírez Exposure no Curruncho Pop

Carballo

Biblioteca Rego da Balsa

Sábado

19.30h

Ramírez Exposure chega ao Curruncho Pop co seu característico sunshine pop, as súas reminiscencias e o seu atractivo carácter.

 

IX Torneo PonteXadrez

Pontevedra

Praza de España

Sábado

11.00h

Nova edición do Torneo PonteXadrez ao aire libre, organizado pola Escola Xadrez Pontevedra, un torneo que formará parte do XIII Circuito de Promoción de Galiza.

 

Ses en concerto

Lugo

Auditorio Gustavo Freire

Sábado

A cantautora leva Readmirando a condición a Lugo, despois de xirar por boa parte do país o seu último disco.

 

Festival 103 Aniversario do real Coro Toxos e Froles

Ferrol

Teatro Jofre

Sábado

20.30h

O festival é un espectáculo de música, canto e baile tradicionais galegos que cada ano rememora o primeiro concerto no mesmo Teatro Jofre en maio de 1915.

 

XII Feira de Artesanía e degustación de carrilleiras

San Sadurniño

Local Social de Lamas

Domingo

12.30-19.30h

Chega a duodécima edición da feira de artesanía e de degustación de carrilleiras, organizada pola Asociación veciñal de Lamas. A feira botará a andar a primeira hora da mañá e o pregón, a cargo do escritor Antón Cortizas, está programado para as 12.30h, seguido dun pase musical de Tania. O xantar está previsto para as 14.30h, con empanada, carrilleiras, sobremesa, bebida e pan. Xa pola tarde volverá actuar Tania e haberá unha exhibición da escola Fusion Dance.

Comentarios