O caxato de Pousa Antelo xa está en mans de Arlindo López

A memoria de Avelino Pousa Antelo segue máis viva que nunca. Así se constatou máis un ano este sábado en Teo coa entrega do caxato do propio Pousa Antelo que este ano foi concedido a Arlindo López.
O galardoado co IX Caxato Avelino Pousa, Arlindo López (Foto: Nós Diario)
photo_camera O galardoado co IX Caxato Avelino Pousa, Arlindo López (Foto: Nós Diario)

A memoria de Avelino Pousa Antelo segue máis viva que nunca. Así se constatou máis un ano este sábado en Teo coa entrega do caxato do propio Pousa Antelo que este ano foi concedido a Arlindo López.

O acto de onte foi, se cabe, máis especial aínda xa que marcaba o décimo aniversario do falecemento de Avelino Pousa, polo que, nesta edición, tamén se fixo entrega ás anteriores oito persoas galardoadas co caxato dun diploma (en 2020 o acto non tivo lugar por mor da pandemia).

"O acto foi na casa do Concello de Teo, xa que Avelino foi fillo predilecto dese concello, así que na súa honra facemos o acto alí", relatou en declaracións a Nós Diario, David Otero, organizador do evento xunto con Mero Iglesias.

O pin á fidelidade galeguista

O acto vén tendo algunhas alteracións desde hai un tempo, a este respecto, Otero indica que "indendentemente do caxato, desde hai uns anos tamén facemos entrega do pin á fidelidade galeguista. Alí, sen sabelo ninguén, entrégaselle o pin a algunha persoa, este ano foi a César Ramos, concelleiro de cultura da Baña, xa que foi quen declarou Avelino Pousa fillo predilecto do concello"

Sobre a propia entrega do caxato, Otero explica o procedemento: "O premio consiste nun gravado que fai todos os anos Héitor Picallo e despois o caxato".

Os anteriores caxatos

Como xa se mencionara, este ano o decorer da entrega foi un tanto diferente, xa que fíxose entrega dun diploma aos anteriores 8 caxatos que estiveron alí presentes. estes foron: Alfonso Blanco Torrado de Xermolos, o Concello de Teo, a Parroquia Sta María de Arzúa, Fina Casalderrey, a Familia Valentín Árias, Antón Costa Rico, a Fundación Penzol, Tereixa e Marica Campo e o galardoado este ano, Arlindo López Arias.  

Comentarios