Caxade inicia xira despois de esgotar nun mes a primeira tiraxe de “A Dança dos Moscas”

En só un mes, “A Dança dos Moscas” esgotou a primeira tiraxe. Caxade, a revelación musical da tempada, inicia agora a súa xira “Moscas a dançar”. O semanario Sermos Galiza publica no seu novo número unha entrevista co músico.

Caxade
photo_camera Caxade

Editado polo selo cooperativo “Discos da Máquina”, o primeiro traballo de Caxade converteuse na grande revelación da tempada, esgotando a primeira tiraxe en só un mes e conseguindo o aplauso da crítica e do público. 

O día 25 no Café Arume de Bandeira (Silleda) comeza a súa xira que continuará na “Sala Aturuxo” de Bueu o día 8 de febreiro para seguir no Ultramarinos de Compostela o día 12. 

Redondela, Ourense, a Coruña e Lugo serán as seguintes citas para a presentación de “A Dança dos Moscas”. O Auditorio de Redondela o 15 de marzo, o “Café Pop Torgal” de Ourense o 4 de abril, o Teatro Rosalía de Castro da Coruña o 15 de maio e na Sala Clavicémbalo de Lugo o 7 de xuño son outros dos concertos que se inclúen na xira. 

O semanario Sermos Galiza publica no seu n. 81, recén chegado aos quiosques e xa na nosa loxa, unha entrevista de Olalla Rodil con Caxade."Caxade é folk en sentido orixinario: comunicar e reivindicar", titúlase a conversa.

Comentarios