Será ás 21:00 horas esta quinta feira nos Xardíns da Deputación de Lugo cando comece o concerto que reúne a Guadi Galego e Caxade canda a Banda da Bandeira con entrada de balde.
Arredor de sesenta músicos e músicas soben ao escenario nun concerto único. É a proposta da banda de Caxade e a Banda da Bandeira, unha nova e soberbia maneira de facer sentir os temas do seu primeiro álbum, “A Dança das Moscas”. Son poucas as ocasións para asistir á ambiciosa proposta, que se estreou no Culturgal en decembro, que mobiliza un grande número de músicos e combina o son da banda popular co recendo indie dos temas de Caxade.
“Lúas de outubro e agosto” é o segundo disco en solitario de Guadi Galego que chegará os seus temas ao concerto ao ar libre en Lugo, no marco da súa xira de presentación por todo o país.