Catarina Cortizas e Lito Vila gañan o concurso de microrrelatos Ozocogz

Con ‘Filmando o tempo’ e ‘A Vida’.

Eladino Cabanelas no seu lugar de traballo habitual xunto ás súas creacións para OzocoGZ (Nós Diario).
photo_camera Eladino Cabanelas no seu lugar de traballo habitual xunto ás súas creacións para OzocoGZ (Nós Diario).

Catarina Cortizas Leira gañou o concurso de micro-relatos OZOCOgz, que este ano celebraba a súa 9º edición. Un premio que logra co relato ‘Filmando o tempo’. Lito Vila Baleato foi finalista nesta edición, co relato ’A vida’, obtendo o segundo premio

A esta edición presentáronse unha trintena de propostas. Ao 1º premio e relato gañador faráselle entrega dun xogo de mesa Ti non es de aquí? Xúnior, de OZOCOgz e dun vale, obsequio do restaurante Casa Gazpara do Carballiño por un Menú degustación (xantar ou cea) para dúas persoas.

Ao 2º premio e relato finalista faráselle entrega dun agasallo de OZOCOgz e dun lote de libros.

 A seguir reproducimos o relato gañador, ‘Filmando o tempo’:
“Soa a claquete e assistimos à estreia da nossa presença. O tempo, implacável, passa pela pele até deixar a carne viva. Aparecem rugas daquelas olhadas, sorrisos, medos e palavras que escrevem o guião da nossa existência. Esforçámo-nos para que cada ensaio seja perfeito.

Rebobinámo-la película fotográfica para reviver aquele segundo no que o tempo deixou baleira mais uma butaca do nosso teatro. Imaginámo-la banda sonora do minuto desse primeiro beijo tímido com a pessoa protagonista da nossa história. Vemos fotogramas desse outro tempo, a distância que nos separa das pessoas que amamos, passando a câmara lenta o instante onde nos vimos por última vez.

Gravamos no cinematógrafo da memória o filme das nossas vivências. A voz em off anuncia os créditos que apagarão o ecrã para sempre. A vida é esse tempo que dói, mas também cura”.

Comentarios