xoves 13/08/20
Isabel-Clara Simó

“En Catalunya xa non é obrigatorio pasar por Madrid”

Isabel-Clara Simó (Alcoi, 1943) é unha das escritoras en catalán máis populares. Independentista confesa, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega vén de distinguila como a Escritora Galega Universal que antes foron Juan Gelman, Elena Poniatowska, Pepetela, Hélia Correia ou Mahmud Darwix. Entrevistámola no Sermos Galiza 297. Eis un extracto.

[Imaxe: Laura R. Cuba] Isabel-Clara Simó
[Imaxe: Laura R. Cuba] Isabel-Clara Simó

1Que lle di recibir un premio que se chama Escritora Galega Universal?

Déixame patidifusa, atónita e dáme moita seguridade en min mesma. É estupenda.

E o feito de que a declaren Galega Universal?

Iso paréceme moi normal. Os galegos por definición sodes universais, uns dos grandes emigrantes do mundo.

Mantén relacións coa literatura galega?

Antes si.

Na época do semanario Canigó?

En Canigó e tamén en Galeusca. Pero cando rematou Galeusca, os contactos fixéronse menores.

Con que escritores ou escritoras?

Eu son moi antiga e son moito da Xeración Nós. Encántame. Este home gústame [sinala o poeta e presidente da AELG Cesáreo Sánchez Iglesias, que asiste á entrevista]. Pero non quero dicir máis nomes.

As literaturas non castelás do Estado español parece que teñan que pasar sempre por Madrid para se relacionar...

Xa non, iso é antigo.

Vostede cre?

Polo menos desde a literatura catalá. Antes, se te traducían ao francés ou ao inglés, tiñas que pasar polo castelán. Agora xa non. Tes contactos directos. Non sei que está pasando na Galiza nin en Euskadi. Pero en Catalunya xa non é obrigatorio pasar por Madrid.

[Podes ler a entrevista íntegra no número Sermos Galiza 297, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

comentarios