O Castro de Santa María de Cervantes

O castro de Santa María de Cervantes localízase nos Ancares lucenses, no concello de Cervantes. Sitúase nunha zona montañosa, na bacía do río Navia, intensamente explotada polos romanos para a extracción de ouro. Trátase dun poboado fundado no século I d. C. asociado a varias minas auríferas romanas e é unha peza esencial para explicar o proceso do impacto de Roma sobre as poboacións indíxenas nas serras orientais lucenses. Despois do abandono do poboado no século IV d. C., o espazo do castro utilízase como lugar de enterramento asociado á igrexa Altomedieval. A riqueza patrimonial deste lugar convérteo nun dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes da provincia de Lugo.
O castro nun esporón situado sobre o río Quindous. (Foto: Luis Francisco López) #castro #cervantes #luisfranciscolópez #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera O castro nun esporón situado sobre o río Quindous. (Foto: Luis Francisco López)
Os comezos da intervención arqueolóxica A intervención neste castro comezou como unha urxencia por mor dos restos aparecidos tras a apertura dunha pista e enseguida a Consellaría de Cultura da…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios