O Castro de San Lourenzo. Cereixa, A Pobra do Brollón

O castro de San Lourenzo localízase entre as aldeas de Nogueiras e Alende, na parroquia de San Pedro de Cereixa, concello da Pobra do Brollón, sobre a marxe dereita do río Saa na pequena dorsal que serve de transición entre a penichaira da Chá de Castro e o val fluvial. Atópase catalogado pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural baixo o topónimo Castro de Alende, emprazándose nas coordenadas: UTM (X) 630400 // UTM (Y) 471270. En 2016 xurdiu interese desde a Asociación de Veciños María Castaña da parroquia de San Pedro de Cereixa e o concello da Pobra do Brollón para promover a recuperación patrimonial deste xacemento. O castro é un poboado fortificado vencellado á metalurxia do ferro. Foi cristianizado en época altomedieval cunha necrópole.
Ortofoto da croa do castro. Verán de 2017. (Foto: Manuel A. Franco) #castro #croa #sanlourenzo #apobradobrollón #cereixa #castrodesanlourenzo #xurxoayán #castro #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Ortofoto da croa do castro. Verán de 2017. (Fotos: Manuel A. Franco)
O castro de San Lourenzo sobreviviu á canteira de area dos anos 70, ás vagas de lumes dos anos 80, ao tendido dunha liña de alta tensión e ao abandono paseniño das prácticas agropecuarias…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios