Castro de Fazouro - Foz

Cun acceso doado desde a estrada N-642, o castro sitúase na parroquia de Santiago de Fazouro (Foz, A Mariña). Ben de Interese Cultural desde o ano 2017, ocupa un promontorio costeiro flanqueado na zona oeste pola praia de Arealonga e no leste polo Cantil das Ínsuas. Emprazado na rasa costeira da Mariña, caracterizada por un perfil costeiro de abundantes promontorios de altitude media comprendida entre os 10 e 15 metros, o castro forma parte dunha sucesión (Ribadeo-Foz) de polo menos 13 xacementos costeiros de tipoloxía similar que converten esta área nunha das de maior densidade de asentamentos costeiros do norte galego ao contabilizarse ao redor dun xacemento cada 2,08 km lineais de costa. 
Vista xeral do castro de Fazouro. (Foto: Humberto Palacios Pool / Mariña Patrimonio) #castro #castros #fazouzo #mariña #amariña #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Vista xeral do castro de Fazouro. (Foto: Humberto Palacios Pool / Mariña Patrimonio)
Obxecto de dúas intervencións arqueolóxicas , adoecen estas, non obstante, dunha antigüidade salientábel, posto que ambas as dúas datan dos anos 60 do século XX. A primeira intervención na…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios