Castro de Borneiro: O primeiro castro galego datado coa proba do Carbono 14

O castro de Borneiro, tamén coñecido como A Cidá, está situado na parroquia de San Xoán de Borneiro, concello de Cabana de Bergantiños. O castro ocupa un pequeno outeiro rodeado polo río dos Muíños que desemboca na ría de Corme e Laxe e que, en parte, serve de defensa natural ao xacemento. O poboado castrexo de Borneiro presenta unha croa de planta ovalada de 56 metros (E-O) x 104 metros (N-S) protexida por unha muralla e por un foxo. Unha segunda liña defensiva circunda o barrio de extramuros, un conxunto de construcións diferenciadas do resto da croa. Pola súa planta xeral, pola forma das súas construcións domésticas e pola disposición das súas defensas situadas de forma concéntrica, Borneiro é un claro modelo de arquitectura de Cultura Castrexa.
Castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. (Foto: Nós Diario) #arqueoloxía #galiza #historia #investigación #castro #castros #borneiro #cabanadebergantiños #confíndosverdescastrosevalerosoclan
photo_camera Castro de Borneiro, en Cabana de Bergantiños. (Foto: Nós Diario)
A Cidá de Borneiro chamou cedo a atención dos arqueólogos galegos (restos visíbeis de construcións, folclore, proximidade á anta de Dombate, toponimia).  A comezos dos anos trinta…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios