QUE FACER?

Castelao e Zeca Afonso nunha fin de semana chea de propostas

uxia
photo_camera Uxía participará no primeiro evento organizado pola Associaçom José Afonso

Castelao, de chumbo a verba

Pontevedra

Teatro Principal

Sexta feira

20.30h

Proxección da longametraxe Castelao, de chumbo a verba, un documentario realizado polo director pontevedrés Miguel López e coa música de María do Ceo.

 

A tropa do doutor milagre

Vigo

Diferentes espazos

Sexta feira

Un sorprendente espectáculo de rúa no que crianzas e maiores poderán comprobar no seu propio corpo os tratamentos médicos do doutor milagre.

 

Óscar Ibáñez & Tribo + Convidados

Pontevedra

Sábado

Aires de Pontevedra é un espectáculo que xurdiu a partir da homenaxe realizada por Óscar Ibáñez a Ricardo Portela co gallo do 25 aniversario do seu pasamento.

 

Concerto homenaxe a Zeca Afonso

Santiago de Compostela

Sala Malatesta

Sábado

12.00h

A nova Asociaçom José Afonso (AJA) abre o seu programa cultural cunha homenaxe ao creador de Grândola Vila Morena. O evento contará con artistas como Uxía, Nao, Falúa, Cais da Saudade, Francisco Fanhais, Tiago Fernandez, Banda das Crechas, Do Fondo do Peto e Xico de Carinho & Manolo Bacalhau; todo presentado por Carlos Blanco. Mais antes diso, habrá una charla na Gentalha do Pichel (18.00h) sobre Zeca Afonso.

 

Andainas polos museos da cidade

Santiago de Compostela

Museo do Pobo Galego

Sábado

12.00h

O ciclo “Andainas polos museos da cidade”, organizadas polo centro sociocultural de Santa Marta, propón desta volta unha visita guiada polo Museo do Pobo Galego.

 

Domingos do Principal

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

12.00h

Teatro dos Ghazafelhos (Galiza) propón Rabicundo, unha peza teatral cargada de sorpresas con moita música, os monicreques, acrobacia, claqué… para toda a familia!

 

Cocido Miúdo

Lalín

Carpa Mahou

Domingo

16.30-19.00h

Comezará coa actuación de Paco Nogueiras, logo María Fumaça ás 17.00h e ás 18.00h A Pequena e Grande Orquestra; tamén contan cun espazo de xogo e o Espazo Terra.

 

 

Comentarios