Casilda García Alfaro será a Xograresa de Outono do 30º FIOT de Carballo

O Festival de Teatro de Carballo volve logo dun ano "en pausa"
Casilda García Alfaro.
photo_camera Casilda García Alfaro. (Foto: Fiot)

O Festival Internacional Outono de Teatro regresa ás táboas despois dun ano “en pausa” polas restricións derivadas da pandemia. O FIOT retomará este outono a súa programación de espectáculos e actividades para celebrar a súa trixésima edición.

O vínculo coa escena local da pé a ser fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, mais non é o único proxecto que promove: é unha das fundadoras de Producións Teatrais do Sur (Tanxarina, Teatro do Morcego e Teatro de Ningures) e coa súa compañía impulsa a primeira co-produción teatral galego-portuguesa: Terra de Lobos.

O festival  manterá viva a chama da posta en valor e recoñecemento de figuras imprescindíbeis do sector cultural galego. É o caso de Casilda García Alfaro. A actriz recibirá este ano o premio Xograresa de Outono, galardón que salienta a traxectoria de profesionais das artes escénicas e que outorgan os premiados de anteriores edicións. Nesta ocasión, as xograresas e xograreses do FIOT decidiron premiar a calidade de García Alfaro como intérprete, así como o seu compromiso empresarial e noutros ámbitos da escena, como o seu papel na organización da Mostra de Cangas. Silda, como é coñecida no sector, recollerá este outono o testemuño do escenógrafo Carlos Alonso, galardoado no FIOT en pausa do pasado 2020. 

Silda é impulsora de diferentes proxectos relevantes para o teatro galego. Inicia a súa traxectoria teatral en Coiro (Cangas), a finais dos 70, no grupo amador Matamoura.

Uns anos despois, participa na creación de Teatro de Ningures, no que permanece na actualidade. O vínculo coa escena local da pé a ser fundadora da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, mais non é o único proxecto que promove: é unha das fundadoras de Producións Teatrais do Sur (Tanxarina, Teatro do Morcego e Teatro de Ningures) e coa súa compañía impulsa a primeira co-produción teatral galego-portuguesa: Terra de Lobos

Ao longo da súa traxectoria, a Xograresa de Outono 2021 participou en case 40 espectáculos (tamén con Teatro do Morcego, Balea Branca, Centro Dramático Galego e Contraproducións), nos que interpretou personaxes do teatro clásico e contemporáneo, e tamén de recibir galardóns: é o caso de A noite das tríbades, de Teatro do Atlántico, pola que gaña o Premio María Casares á mellor actriz protagonista.

Nestes últimos anos, García Alfaro compaxina o seu traballo sobre as táboas coa dirección (Defensa da vila. María Soliña), o profesorado (Aula de Teatro da Universidade de Vigo) e a vicepresidencia do Consello Editorial da Revista Galega de Teatro

O pasado 2020, o certame organizou unha edición “en pausa”, coa intención de retomar a súa actividade habitual en 2021. Con todo, FIOT presentou unha programación na que se puideron ver celebradas obras como Prostitución ou Curva España, e na que destacou a integración da cultura dixital e audiovisual coa escena

Comentarios