Case 40 títulos son finalistas nos premios Follas Novas do libro galego

As gañadoras e gañadores deste ano difícil para o mundo do libro daranse a coñecer en maio.
Foto de e familia da edición do ano 2019 da Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Compostela. (Foto: Cedida)
photo_camera Foto de e familia da edición do ano 2019 da Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Compostela. (Foto: Cedida)

Preto de 40 títulos son os finalistas dos premios Follas Novas do Libro Galego, uns galardóns que estrean denominación nesta sexta edición en homenaxe a Rosalía de Castro e que repasan a actividade dun exercicio, o do pasado ano, especialmente difícil para o mundo autoral, editorial e libreiro.

O mundo do libro non só non se detivo, senón que "está facendo fronte ás dificultades con toda a enerxía e a inventiva que requiren os tempos", din desde a organización. A resolución será o 15 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha gala transmitida que, en función da situación pandémica do momento, poderá ter formato presencial.

A elección dos títulos e autoras que forman parte do listado de finalistas fecha a primeira parte dun proceso de selección no que as asociacións organizadoras, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia achegaron as súas respectivas candidatas en cada un dos apartados dos premios.

Unha vez elaborada a lista definitiva de finalistas, un xurado deliberará e decidirá quen son as persoas gañadoras en cada unha das categorías. Os premios Follas Novas do Libro Galego contan co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Santiago, CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) e a Xunta.

Ensaio

Irmandiñas (Edicións Laiovento), Aurora Marco
Zona a defender (Edicións Xeraisde Galicia), Manuel Rivas
Nós xsinadaptadxs. Representações, desejos e historias LGTBIQ na Galiza (AtravésEditora), coordinado por Daniel Amarelo 

Divulgación

Federico García Lorca en Santiago de Compostela (Alvarellos Editora), Henrique Alvarellos
Unha mente que voa (Edicións Xerais de Galicia), Xurxo Mariño
Guía definitiva dos peixes da Galiza (Soriaourensana de Libros), Pancho Lapeña e Nacho
Munilla

Narrativa

Para toda a vida (Aira Editorial), Eva Moreda
Entre donas (Baía Edicións), varias autoras
Un señor elegante (Edicións Xerais deGalicia),Suso de Toro

Infantil

Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas
Mar de mazá (Editorial Galaxia), Elvira Ribeiro
O pintor cego (Kalandraka Editora),Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
 

Ilustrado

Contrahistorias de Galicia (Edicións Embora), Antonio Reigosa e Rita Gutiérrez (ilus.)
A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia), Eva Mejuto e Bea Gregores (ilus.)
Extra! (Kalandraka Editora), Paco Nogueiras e Marc Taeger (ilus.)
 

Banda deseñada

Pequena historia da Coruña (Edicións Embora), Xosé Alfeirán e Xosé Tomas
O derradeiro libro de Emma Olsen (novela gráfica) (Editorial Galaxia), Berta Dávila e Pablo Prado
Corona-Bíos (Demo Editorial) Manel Cráneo
 

Iniciativa bibliográfica

A lavandeira de San Simón (Edicións Xerais de Galicia)- Eva Mejuto e Bea Gregores
Carta xeométrica de Galicia-Facsimilar (Edicións do Cerne), Domingo Fontán
Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939 (Editorial Galaxia), Miguel A. Seixas Seoane

 
Tradución

Aramados (Alvarellos Editora), Manuel García Gerpe, traducido por MiroVillar.

A nosa negra (Hugin e Munin), Harriet E.Wilson, traducido por María Reimóndez
Unha noite no tren da Vía Láctea (Aira Editorial), Kenji Miyazawa, Miguel Robledo (ilus.), traducido por Gabriel Álvarez.

Poesía 

Ninguén morreu de ler poesía (Edicións Xerais de Galicia), Aldaolado
A desvértebra (Chan da Pólvora), Ana Romaní
A ganancia e a perda (Kalandraka Editora), de MartínVeiga

Teatro

Só un home bo (EdiciónsPositivas), Raúl Dans
O charco de Ulises (Edicións Positivas-Xunta de Galicia), Santiago Cortegoso
Melancoholemia (Kalandraka Editora), Antón Reixa

Libro mellor editado

O pintor cego (Kalandraka Editora), Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
Nós outras (Chan da Pólvora), Marica Campo e Menchu Lamas
O bolero deRavel (Kalandraka Editora), José Antonio Abad e Federico Delicado (ilus.)

Fomento da lectura

Poetas Di(n)versos
Salón do Libro Infantil e Xuvenil do Concello de Pontevedra
Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz

Proxecto literario na rede

O bosque dos cromosomas, de Olga Novo
Galicia encantada, coordinador Antonio Reigosa
Nee Barros. Canle deYoutube de promoción de libros en galego

Xornalismo cultural

Montse Dopico
Ramón Nicolás
Ramón Rozas

Comentarios