Casares e máis. As novidades editoriais para este 2017

O prolífico Casares será a estrela dun 2017 no que tamén teremos nova entrega literaria de Suso de Toro, Lupe Gómez, Pedro Feijoo, María Reimóndez ou Anxos Sumai, entre outros.

O protagonista indiscutíbel do ano editorial será Carlos Casares que, alén de escritor e columnista prolífico, foi director dunha das principais editoriais do país, ademais de presidente do Consello da Cultura Galega, así que a casarización será importante.

Galaxia, que acolle a inmensa maioría da súa obra, comezará o ano publicando un feixe de obras pendentes co obxectivo de que “estea toda a súa obra ao dispor dos lectores e lectoras”. Así, publicará os cinco Toribios (literatura infantil), que se atopaban descatalogados; así como os últimos volumes de Á marxe, que reúne a súa obra xornalística. En febreiro verá a luz tamén un conxunto de relatos e tamén as columnas A delicia de ler. E na primavera chegará unha biografía do ourensán da man de Henrique Monteagudo.

mini1

A reportaxe, completa, no nº229 do Sermos Galiza, xa na nosa loxa

Comentarios