luns 18/10/21

A Casa Museu Manuel María acolle un Convivio da Cultura Galega

Terá lugar o 12 de xullo en Outeiro de Rei cun completo programa de actividades durante toda a xornada.

A Casa Museu Manuel María (Outeiro de Rei) acollerá o sábado 12 de xullo o primeiro Convivio da Cultura Galega, unha xornada organizada pola Fundación Manuel María, Galiza Cultura e a asociación cultural e musical Solfa.

O programa abrangue unha ampla e heteroxénea proposta de actividades: música, teatro, debates, espazo para asociacionismo, lecer para as crianzas, paseos, visitas, proxeccións audiovisuais...

A xornada conmezará sobre as 10:45 horas, cunha recepción de luxo aos e ás participantes na Praza do Concello a cargo das bandas de música Solfa, Rábade e Begonte. A seguir, darase a benvida no Auditorio Manuel María. Unha breve visita á Casa Museu do poeta e proxeccións audiovisuais serán a seguinte cita.

Ás 12:30 sairase para a carballeira de Sta. Isabel con parada no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda A Manuel María. Na carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; a Coral e Banda de música de Solfa dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey, intercalándose con outras manifestacións culturais.

Convivio

A organización calcula que sobre as 14:00 horas dará comezo o “xantar demorado para dar tempo a cantar, bailar e conversar (vós traedes a comida e nós poñemos as mesas e cadeiras)”.

E xa pola tarde, sobre as seis menos cuarto o protagonismo será para a xente máis miúda: contacontos a cargo de “Fabaloba”: “O neno e a estrela” (sobre Díaz Castro). Para o resto: música, xogos, paseo á beira do Miño...E ás 18:45 Actuación musical de peche: Pepe Vaamonde Grupo.

Sobre as 17:00 haberá unha reunión de asociacións para debater e falar. E ta,én haberá espazo para o associacionismo.

comentarios