mércores 03.06.2020

A «Casa de Bonecas», de Ibsen, en galego e en Madrid

Estudo Momento representará 1879. Casa de Bonecas en galego o vindeiro 28 de novembro na sala Off Latina de Madrid. A obra é unha adaptación feita por Xoán Carlos Mejuto sobre o texto de Henrik Ibsen.
Representación de «1978. Casa de bonecas» (Estudo Momento)
Representación de «1978. Casa de bonecas» (Estudo Momento)

A compañía teatral Estudo Momento leva 1879. Casa de Bonecas á escena madrileña, cunha función en galego 28 de novembro. Os actores Xoán Carlos Mejuto e Iria Ares encarnan o matrimonio Helmer durante todo o mes de novembro en funcións de xoves e venres na sala Off Latina.

A particular adaptación do propio Xoán Carlos Mejuto, con só dous intérpretes, elabora unha versión onde se acentúa o conflito e se destila toda a potencia dramática da obra de Henrik Ibsen. Ademais, foi Premio Luísa Villalta pola igualdade da Deputación da Coruña.

A obra

Casa de Bonecas estreouse en Copenhague en 1879, cun auténtico escándalo. A obra conta a historia dunha muller que decide abandonar o fogar, o marido e os fillos. Nora Helmer toma esta decisión ao decatarse de que toda a súa vida transcorreu nunha casa de bonecas na que ela simplemente interpretaba o papel que lle tiñan asignado.

casa de bonecas_carcere-93A sociedade, a relixión, a familia, a educación, todo está deseñado para encaixar nun sistema patriarcal que o abrangue todo. Unha muller que reclame o dereito ao completo desenvolvemento persoal e a coñecerse enteiramente a si mesma simplemente non ten cabida.

comentarios