O cartel galego do festival TerraCeo é mínimo e a presenza do idioma anecdótica

A segunda edición do Festival TerraCeo bota a andar o sábado 1 de maio, en Vigo, no Auditorio do Mar.
Foto promo 3
photo_camera Os Resentidos son, con Baiuca, os únicos que cantan en galego. (Foto: Alberto Segade)

A segunda edición do Festival TerraCeo bota a andar este sábado 1 de maio, en Vigo, no Auditorio do Mar. E faino cunha escasísima figuración de grupos galegos e cunha presenza da música en lingua galega que se reduce, practicamente, a Baiuca e Os Resentidos.

Taburete, a banda coñecida por ser un dos seus integrantes o fillo de Luís Bárcenas, é a encargada de abrir a programación. Un calendario que decorre ás 20 horas até xullo, cando se atrasa o comezo das actuacións até as 20.30 horas, e con prezos que varían dese os 12 euros, da banda liderada por Antón Reixa, até os 38 de Jorge Drexler.

Entre as arredor de 40 actuacións programas até o de agora, as últimas incorporacións anunciounas o alcalde de Vigo Abel Caballero a pasada terza feira, tan só nove son músicos galegos: Andrés Suárez, Baiuca, Os Resentidos, Eladio y los seres queridos, The soul jacket, Triángulo de amor bizarro, Bala, Batea e Tanxugueiras (as dúas últimas formacións aínda teñen a data por confirmar).

De fixarse unha data para a participación de Tanxugueiras sería tres, até o momento, as bandas que participan no TerraCeo 2021 que empregan nas súas composicións a nosa lingua: as propias Tanxugueiras, Os Resentidos e Baiuca. A estas formacións poderíanselle sumar o metal de Bala, pois as coruñesas emprega o galego nalgún dos seus temas, como Vitamina, ou Triángulo de amor bizarro, que teñen cantando en galego no Luar da TVG.

As bandas de aquí son ademais as que teñen o prezo máis baixo da entrada, 12 euros, agás Andrés Suárez e Triángulo de amor bizarro, cuxo billete custa 20 euros. Mentres para ver as bandas chegadas do resto do Estado español, os prezos van dos 13,75 euros do David Rees até os 38 de Drexler, pasando polos 30 de Paco Ibáñez.

O calendario galego

Ao concerto de Taburete ségueo o 15 de maio o de Andrés Suárez, e o 21 e o 22 chegan Baiuca e Os Resentidos, respectivamente. Kevin Johansen, Los secretos e Pol Granch actúan o 23, 28 e 29.

En xuño é a quenda de Anni B. Sweet, o día 4, Eladio y los seres queridos o 5 en sesión vermú, o mesmo día pola noite Juancho Marqués; o 11 chegan The soul jacket só 15 concertos despois hai outra banda galega, Triángulo de Amor Bizarro actúan o 31 de xullo. E en agosto, o día 5 é a quenda de Bala.

Sidonie son a única banda con dúas datas, 3 e 4 de agosto, e tamén hai oco para dous monólogos: Leo Harlem e Grison e Caravaca.

Comentarios