Carta inédita de Rosalía de Castro dirixida a José Villaamil

Rescátaa Angueira na revista 'Follas Novas' da fundación
carta rosalía
photo_camera Imaxe da carta manuscrita de Rosalía de Castro a José Villaamil. Foto: Fundación Rosalía

Un texto manuscrito polas dúas caras dunha cuartilla (21,5 por 14 cm), con caligrafía clara e asinado por Rosalía Castro de Murguía conforma a carta inédita da poeta dirixida a José Villaaamil y Castro que vén de rescatar o escritor e presidente da fundación da poeta Anxo Angueira. Publicouna no cuarto número da revista da entidade Follas Novas, acabado de saír do prelo.

A carta di: "Muy Sr. mio: Murguia no está en casa y me tomo la libertad de contestar á la atenta de V, diciéndole que aun que no voy nunca al teatro tengo entendido que en esta población se estila mas ir a cuerpo que con sombrero o mantilla, ya sea a palco o luneta aun cuando en una forastera todo esta admitido. / Tan pronto venga Murguiano debe tardar, le hare presente la atención de V. y el le dará en persona las gracias y la respuesta. / Tengo la satisfacción de ofrecerme con esto su servidora y de demostrarle mi sentimiento, por no haber podido visitar á su apreciable Señora a quien se servira hacer presente mis respetos, contando V a si mismo con una servidora y amiga. // QBSM".

O documento gardábao a familia de Villaamil y Castro, residente fóra da Galiza, e chegou a Angueira nunha copia dixitalizada por Pablo Carou. Villaamil (Madrid, 1838-1910), amigo e colaborador de Murguía, foi un arquiveiro, bibliotecario e historiador, fillo de galegos e que pasou a infancia en Mondoñedo. Segundo expón Angueira no estudo que acompaña a publicación da misiva, o contexto temporal "cómpre buscalo no período 1865-1868". Afírmao porque é nesa etapa que as comunicacións entre Villaamil e Manuel Murguía resultan máis intensas e habituais. Ademais sitúa a remitente en Compostela, onde Rosalía e Murguía residían naquel tempo. Tamén o receptor, debido á expresión "esta población".

Angueira analiza as referencias ao teatro, ao que a poeta afirma non ir nunca, e á vestimenta. "A cuestión sobre o uso do sombreiro ou da mantilla non teatro non é menor", escribe. Na súa interpretación, mantilla e sombreiro "eran prendas que levaban aparellada unha posición ideolóxica, uns valores e unhas convencións moi marcadas que reflectían algunhas das stensións políticas e sociais da época". A mantilla era símbolo do "nacionalismo español máis tradicionalista" e o sombreiro, de eco francés, "asociábase á apertura e á renovación, á modernidade". Rosalía, conclúe, non se posiciona.

Comentarios