Carlos Callón e Chévere, premios Careón e Mácara na Mostra de Teatro Amador de Palas

callon

O escritor Carlos Callón recibirá este sábado o XII premio Careón da Mostra de Teatro Amador de Palas de Rei. Un acto no que tamén se recoñecerá ao grupo de teatro Chévere co XVIII premio Mácara.

Este ano participan na Mostra un total de dez grupos teatrais, nove de Galiza e un de Pozuelo de Alarcón. O sábado, día 1 de setembro, a organización entregará os premios Mácara e. Tamén se concederá por primeira vez o premio Garabato, en homenaxe póstuma ao mozo de Palas Gabriel Barreiro Toural.

Comentarios