Carlos Blanco conducirá a primeira homenaxe a Vidal Bolaño

“Un home do Aquí” é o nome da primeira homenaxe que se lel renderá a Roberto Vidal Bolaño ao se cumpriren dez anos do seu pasamento e en vísperas de que comece o 2013 no que a Academia decidiu dedicarlle o Día das Letras Galegas. Teatro e música lembrarán ao primeiro dramaturgo que protagonizará un 17 de maio.
Roberto Vidal Bolaño
photo_camera Roberto Vidal Bolaño

O actor Carlos Blanco será o encargado de presentar a homenaxe que o día 27 de outubro terá lugar no Salón Teatro de Compostela. O actor conducira xa a entrega dos Premios María Casares que, pouco despois da súa morte, constituira a grande homenaxe do sector a Vidal Bolaño, cando todo o auditorio do Rosalía de Castro luciu un nariz verbello na súa memoria.

Mais non comezará no escenario a homenaxe das amizades titulada “Un home do Aquí”, en referencia á compañía teatral que dirixía Vidal Bolaño. Os monicreques de Kukas conducirán un pasarrúas que partirá da Alameda, na vontade que tamén el tiña de que o teatro tomase a rúa.

Música e teatro por parte de grupos, persoas e compañías próximas a Roberto Vidal Bolaño integrarán o programa que ás 20 horas dará comezo no teatro público compostelán no mesmo no que o dramaturgo fora velado hai dez anos, cando a profesión quixo poñer á vista que a despedida tiña que ser no escenario, o seu lugar natural.

Magnifique Band dos homes sen medo, Ataque Escampe -banda na que toca seu fillo Roi Vidal- Dolce Vita, Mini e Mero e Leo arremecaghoná & García na parte musical e Chévere, Laura Ponte, Rubén Ruibal e X. Carlos Mejuto ademais de Pako D- Pink& Perello no apartado teatral compartirán un programa que leva a esc

Comentarios