Caravana de emerxencias, o festival autoxerido no que entras de balde e pagas ao saír (se che prestou)

“Multiplicar a festa por mil”. Eis unha das intencións de 'Caravana de emerxencias, o festival autoxestionado que o 4 de abril se presentará na Capitol (Compostela). Skarallaos, Chotokoeu e Skarnivals son os grupos responsábeis dunha iniciativa novidosa: a entrada será de balde, e os asistentes escollerán o prezo á saída.
Chotokoeu
photo_camera Chotokoeu

Imaxinación, autoxestión, música e festa. Catro elementos sobre os que conformar unha iniciativa das de festa rachada, a Caravana de emerxencias. A experiencia póñena en marcha tres dos grupos galegos dos que teñen gañas de facer música (e moito máis):  SkarallaosChotokoeu e The SkarnivalsA iniciativa tomará forma o 4 de abril na compostelá Sala Capitol, e será presentada por Swingdigentes.

É un festival autoxestionado e organizado polos propios grupos participantes que propón unha orixinal fórmula de pago. O acceso será de balde, e será na saída cando as e os asistentes paguen o que consideren oportuno polas actuacións.

Unha aposta valente e na que se confía no público como unha parte activa e indispensábel para manter o tecido cultural, nesta caso musical, na Galiza.


Comentarios