A canteira da música galega na gala do certame Quero Cantar

Os premios do certame Quero Cantar celebraron na gala do pasado 24 de novembro no Teatro Colón a fertilidade da música galega creada polas xeracións máis novas.
A banda A música das baleas recolle o premio en Quero Cantar (Deputación da Coruña)
photo_camera A banda A música das baleas recolle o premio en Quero Cantar (Deputación da Coruña)

A IV edición do certame Quero Cantar entregou os seus premios o pasado domingo 24 de novembro no Teatro Colón.

Na categoría infantil, a banda gañadora da resultou A música das baleas (Caion). O segundo premio recaeu en Rap-osiños (Laxe), mentres Baroubanda (Ames) levou para a casa o terceiro trofeo.

Na categoría xuvenil, Isma Kalo (A Coruña), foi o proxecto musical galardoado co primeiro posto. En segundo lugar quedou Noa (Vila de Cruces) e en terceiro, Veiga (Sada).

A gala, presentada por Sole Felloza, gozou coa participación dos seis finalistas e estivo amenizada por Magín Blanco e a Banda das Apertas.

A Deputación da Coruña outorga estes galardóns coa intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical, infantil e xuvenil.

Comentarios