Cans bota a andar coa homenaxe aos seus veciños “cinematográficos” Juan e Serafín

Juan Sánchez e Serafín Rodríguez son os pioneiros no cine da aldea de Cans, na que se celebra cada ano o máis ruidoso dos festivais do audiovisual galego. Participaron, nin máis nin menos, que na rodaxe de Salomón e a raíña de Saba, canda Gina Lollobrigida. Serán homenaxeados no “Día dos Veciños”, o inicio do programa do Festival de Cans. 

Juan e Serafín
photo_camera Juan e Serafín

A realizadora Susana Sotelo recuperou a historia de Juan Sánchez e Serafín Rodríguez para o documental “Querida Gina” que se proxectará en pase privado para a veciñanza de Cans ás 20 horas desta cuarta feira no Baixo de Bugarín. Será o momento estelar do “Día dos Veciños”, a xornada na que a veciñanza da aldea é, máis que nunca, a protagonista. 

As Pandereiteiras de Cans que renderán homenaxe á estatua do Can de pedra, o Serán dos Músicos de Cans e un fin de festa con Acordecans e as Pandereteiras de Cans porán a música á xornada festeira coa que bota a andar o Festival. Pola noite presentarase o xurado noite será a presentación do xurado composto na súa totalidade por veciños e veciñas da parroquia de Cans. Desta volta, está formado por  Felisa Quintas (Felisa de Luís), Carmen Ramilo (Mucha de Ramilo), Fernando Fortes (Fernando do Monte), Mercedes González Souto (Merchi do Manisco) e Javier González Boente (Javier da Graña).  

A proxección da longa de animación O pequeno mago, de Roque Cameselle, que participará nun coloquio coa veciñanza, iniciará o programa por volta das catro da tarde e dúas horas despois, o documental Catro días en Cans, proxecto fin de carreira de xornalismo de Raquel Rodríguez e alba Barral, lembrará a pasada edición do festival. 

Cans de futuro

Para a quinta feira, a sección Cans de Futuro inaugurará o programa oficial para, pola tarde desenvolverse no Cículo Recreativo e Cultural do Porriño a proxección do filme El árbol magnético, primeira longa da ferrolá Isabel Ayguavives que tamén participará no coloquio posterior. 

O filme Os Fenómenos, de Alfonso Zarauza, interpretada por Lola Dueñas e Luís Tosar,  verase en preestrea  no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño antes da súa entrada no circuíto comercial. A procesión de chimpibuses anunciará o inicio da proxección con membros do equipo da película cun elenco no que tamén interveñen Miguel de Lira, Antonio Durán Morris, Xulio Abonjo, Alfonso Agra, Federico Pérez, Ledicia Sola, Juan Carlos Vellido e Patricia Vázquez.

A Can Parade abrirase na primeira xornada coa actuación de Los árboles nun amplo programa que incluirá a  Noite V Clips no Pub O Sótano, con 18 videoclips a concurso. A presentación correrá a cargo de Nieves Rodríguez, que, canda Nonito Pereira e Amable Dj forman parte do xurado. .Nordestazo dj,  a outra cara do actor Santi Romay, ofrecerá o peche de programa do día. 

Comentarios