Que facer?

Cangas acolle até 8X a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo

cangas
photo_camera Un momento da apresentación da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo [Foto: web do concello de Cangas]

Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Cangas

Varios espazos da vila

Até 8 de xullo

A XXXV edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que se desenvolverá entre o 29 de xuño e o 8 de xullo, conta con arredor de 30 actividades que se realizarán en múltiples espazos da vila. A programación inclúe sete funcións de teatro no auditorio, nove funcións de Teatro na Rúa, charlas, coloquios e obradoiros que encherán todos os días de animación as rúas da vila de Cangas.

 

Segredo do pergamiño Vindel. 100 anos de música para as cantigas

Rianxo

Auditorio de Rianxo

Sexta feira

19.30

Presentación dos traballos de recuperación e posta en valor do Castelo da Lúa, e concerto a cargo do grupo de música antiga Pres de Cambrai, con María Giménez, fídula e voz, Belén Bermejo, voz e órgano portativo, Ver Martínez, clarinete e percusións, Andrés Díaz, arpa, frautas, cítola, e Charo Pita, narración.

 

Rockin´Carballo 2018

Carballo

Escenario Palmeira e Rego da Balsa

Sábado

Oito bandas e dous escenarios para o Rockin máis ecléctico e alternativo. Abren as actuacións Cora Sayers, Hermanos Cubero e a banda carballesa Knives, que pasarán polo Escenario Palmeira, situado no Xardín Municipal, a partir das 13.00 horas. E ás 19.30 horas dará comezo, no Escenario Rego da Balsa, a actuación dos grupos Ezetaerre, Zënzar, Kurt Baker Combo, Power Solo e The Unfinished Sympathy.

 

Talleres experimentais de arquitectura contemporánea

Compostela

Centro Galego de Arte Contemporánea

11.00

Sábado

Un ciclo de talleres dedicados á arquitectura contemporánea para público infantil, dirixidos polo arquitecto Fermín Blanco e impartidos polo equipo didáctico do Sistema Lupo.

 

II Mostra "Teatro no Principal"

Compostela

Teatro Principal

Sábado

18.00

O ciclo de teatro dos centros cívicos contará coas representacións teatrais de "A gata con botas", do Grupo infantil de Conxo, e "Mórdeme", co Grupo xuvenil de Conxo.

 

Premios Fouciño

Baio

Centro Sociocultural de Baio

Sábado

12.00

Con obradoiros, proxeccións e concertos, este certame audiovisual nace coa vontade de homenaxear a que consideran a primeira peza creada na Costa da Morte.

 

Festival A Desfeita

Carballiño

Parque municipal e Praza maior

Sábado

A partir das 12.30

Coas actuacións de Manifa, Raiba, Liska!, 80 voltios, Innoppiah, así como poesía, malabares, foliada, ruadas, postos de comida, roupa e merchandising, artesanía e máis!

 

Lila Teatro

Guntín

Casa da cultura

Domingo

19.00

Nina Ventura Caprina é a historia dunha cabra aventureira, fresca, temeraria e insolente que decide marchar da illa na que vive na procura dunha vida máis amábel.

 

Ciclo BMS encontro corais polifónicas

Pontevedra

Teatro Principal

Domingo

21.00

Encontro de Corais polifónicas dentro do ciclo musical BMS, organizado pola Asociación Socio-Cultural San Martiño. Entrada de balde até completar cabida.

 

Comentarios