‘Cando pasou o que pasou’ preséntase en Compostela

rosario regueira
photo_camera Rosario Regueira

A compostelá Libraría Couceiro acollerá a terza feira 12 de xuño a presentación do último libro de Rosario Regueira, ‘Cando pasou o que pasou’, editado por Toxosoutos. No acto tomarán parte, ademais da autora, Luis Martul, profesor na Facultade de Filoloxía da USC e membro da AC OGalo; Uxío Breogán Diéguez, profesor da UDC; e Patricia Torrado, da editora.

‘Cando pasou o que pasou’ é una novela que fala sobre un episodio que afectou a parte da familia da autora a raíz da represión fascista a partir de 1936. Como sinala a propia autora, “Cando pasou o que pasou" é un eufemismo que escoitei por boca de alguén para definir como aquela represión brutal afectou a persoas con nome a apelidos; a persoas que, ademais de padecela directamente, padecérona por duplicado pois transmitíronlle as súas consecuencias ós que quedaron e que tiveron que levalas de mellor ou pero xeito. Disto trata este libro. Do que pasou cando pasou e do que pasou despoi”s.

Rosario Regueira publicou anteriormente novelas como ‘Sabela’ (2015) ou ensaios como ‘Esbozos do deporte galego. Unha aproximación ao atletismo (2016).

Comentarios