Lola Oviedo

Cando o gravado se converte en maxia

Non gosta de que se refiran a ela como artista, mais éo. Recíbenos ás portas da súa casa, en Caión (A Laracha), acompañada do seu can Tango. Desde cada estanza vese o mar, e percíbese o olor ao salitre, o mesmo aroma.

- Terra e mar adoitan ser epicentros das túas creacións. Como elixes os motivos das túas obras?

- Non elixo motivos, os motivos elíxenme a min. Eu traballo con liñas e cores, e traballo moito o mar e a terra porque é o que vexo cada día. Vivo o mar, a terra, e os incendios tamén. O mar cambia todos os días; cambia a perspectiva, a cor... E cambia o estado de ánimo dunha. En función diso váiseme a man a unhas cores ou a outras. Eu nunca sei que vou facer, non teño unha imaxe que despois plasme coa técnica que vou usar. Cando teño o papel branco diante de min, vou poñendo cores, partindo da nada, partindo de algo baleiro... e a ver que sae. Por iso nunca fago nada por encargo. Isto non funciona así: non é o que ti queres, nin sequera é o que eu quero. Cando remato a obra, ás veces, a primeira sorprendida son eu. De arte non entendo nada, mais teño a capacidade de ver, e mesmo de intuír, de intuír cores. Realmente, non sei nin sequera se intúo. Poño sobre o chan papeis que antes traballei, porque eu non fago colaxes con revistas, senón con materiais meus previamente traballados Póñoos todos á vista e, case de forma inconsciente, vou colléndoos.

 

 

 

 

Entrevista completa, no nº229 de Sermos Galiza. Dispoñíbel na nosa loxa.