As cancións máis escoitadas na Coruña e Vigo

Presentamos con máis escoitas en Spotify nas dúas ciudades galegas.
As Tanxugeiras están entre as máis oidas na Coruña e en Vigo. (Foto: Nós Diario).
photo_camera As Tanxugeiras están entre as máis oidas na Coruña e en Vigo. (Foto: Nós Diario).

Spotify é a plataforma máis popular para escoitar música en toda a rede. Entre as funcionalidades que ofrece, permite coñecer cales son as cancións con máis escoitas nas distintas cidades. Na Galiza, ofrece datos da Coruña e de Vigo, onde o 'Top 10' ofrece diferenzas ben reveladoras entre unha e outra localidade.

A Coruña

Na cidade herculina fecha o ránking, curiosamente, un vigués, Iván Ferreiro, que ocupa a décima posición con Turnedo e a novena con Vidas cruzadas, no que comparte protagonismo con Quique González. En oitava posición sitúase o dúo galego de rock alternativo Bala, co seu primeiro sinxelo, Agitar.

En sétimo lugar, un clásico, Que no, de Deluxe, precedido por Verbena, de Novedades Carminha. Curiosamente, un ex Deluxe como é o coruñés Xoel López figura no quinto posto con Tigre de Bengala, mentres que o Meigallo de Baiuca está en cuarto lugar. O último chanzo do podio é para El Combo Dominicano e Dale Vieja, superado por Tanxugueiras (Midas) e Verto con Oie Gayego.

Vigo

As Midas das Tanxugueiras, segundas clasificadas na Coruña, caen até o décimo posto en Vigo, o que non lle resta a honra de ser o único tema que teñen en común no ránking das máis escoitadas ambas cidades galegas.

Boyanka Kostova aparecen no noveno lugar con Muinheira de interior, e outra artista do país, Guadi Galego, no oitavo con Chea de Vida. Son da Rúa aparecen en noveno lugar (Salsa Galaica) e Dakidarria (Terra) no sexto, mentres que Verto introduce Co puto mel nos beizos na quinta posición. Cuarta é SES con Tempestades de Sal e os veteranos Herdeiros da Cruz, terceiros con Corasón de Carballo.

Outro galego, James Gabarres, cambia o ritmo con 13 12, mentres que Manu Llovo fecha a listaxe no número 1 con Prometo el mar.

Comentarios