“Cancións da Lingua Viaxeira”, novo espectáculo de Narf

“Cancións da Lingua Viaxeira” é o novo espectáculo que Narf leva a vindeira terza feira á Casa das Crechas en Compostela.

Narf
photo_camera Narf

“Cancións da Lingua Viaxeira” é o título do novo espectáculo que o compositor e cantor Narf levará a terza feira día 20 á Casa das Crechas de Compostela, nun concerto que ten o seu inicio ás 22.30 horas. 

“Cancionista” segundo a súa propia definición, Narf constrúe o seu imaxinario musical cos sons da lusofonía, en especial, cunha vinculación forte cos países africanos de lingua portuguesa, vencello do que naceu, entre outros proxectos o seu celebrado “Aló irmao” (Falcatruada, 2010) que asinou xunto con Manecas Costa. “Nas tardes escuras” (El Patito editorial, 2013), un traballo no que Narf pon música a poemas de Rosalía de Castro é o seu máis recente disco en solitario, unha carreira que inaugurara con “Directo en Compostela” (Changüí, 2003) e continuou con “Tótem” (Falcatruada 2007). 

A traxectoria musical de Fran Pérez, Narf, iniciouse a finais dos oitenta, en bandas de Compostela como Psicofónica de Conxo, os Kinindiola ou Nicho Varullo. 

Comentarios