Unha campaña internacional busca apoio tamén en galego para unha goleta-teatral

“Meeting the Odyssey” é un proxecto cultural itinerante por mar de catro anos de duración. Tras atravesar o Báltico o pasado anos, diríxese cara o Mediterráneo a bordo dunha goleta como escenario teatral. O proxecto está a recadar fondos de cara o vindeiro ano e lanzan unha campala crowdfunding internacional que inclúe o galego como unha das súas linguas

goleta
photo_camera goleta

A migración, a cidadanía europea ou a Europa dos pobos, ca Odisea de Homero como referente, “Meeting the Odyssey” é un proxecto cultural itinerante que, ao longo de catro anos desenvolve unha travesía internacional que, despois de atravesar o Báltico o pasado ano diríxese cara o Mediterráneo nunha viaxe que ten previsto recalar na Coruña. De cara ao vindeiro ano, busca financiamento a través dunha campaña de crowdfunding que se está a divulgar na rede na que por vez primeira o galego aparece como unha das linguas no vídeo de apoio dun proxecto cultural e social. 

Escenario sobre o mar cara Grecia

A goleta Hoppet, única do seu estilo en funcionamento, convértese en escenario sobre o mar que acolle espectáculos teatrais arredor de grandes temas e cuestións sociais. Defínese como unha “odisea moderna” que no verán de 2015 viaxará polas costas italianas e francesas para se dirixir no 2016 a Grecia, nunha sorte de “viaxe de regreso a Ítaca”, financiado por varios países ademais da propia Unión Europea. 

 “Esta viaxe de regreso a Grecia só pode ser levado a cabo por unha devota e apaixonada tripulación de artistas e polo preciado apoio de toda unha audiencia”, din no proxecto na busca de financiamento social. “Convértete no vento que soprará as velas do Hoppet, apoiando condicións mínimas de traballo para os artistas, ademais da súa residencia. A vosa contribución é o vehículo, para o desenvolvemento desta actividade cultural”, explican. 

Comentarios